sábado, 15 de diciembre de 2012

Visita ao CEIP Mosteiro de Caaveiro

Ola a todos!
Este mércores 13 de decembro os nenos e nenas da Escola de Carreira (Infantil e Primaria) fumos a visitar o CEIP de Mosteiro de Caaveiro, que nos tiñan preparado algo moi especial.

Primeiro quentamos un pouco o corpo (alí vai moito frrrrriiooo) xogando á Cadea e á Peste. No primeiro xogo o neno que panda agarra ao primeiro que pille e a partir de ahí van unidos ata pillar a un terceiro e a un cuarto. Cando chegan a catro rapaces, divídese o grupo en dous e así sucesivamente ata que estén todos pillados. No xogo da Peste, comeza un neno a "pillar" ao grupo. Cando toca a alguén en calquera parte do corpo, o neno/a que é pillado ten a peste e ten que correr e pillar aos demáis coa man  no lugar onde foi tocado. Aquí vedes algunhas fotos:
Despois nos prepararon un circuito de "Brinquedos", que son os xogos tradicionais: as chapas, o peón, os zancos, a mariola, a pita cega... O alumnado de 1º de E. Primaria foron os encargados de presentarnos os xogos e ensinarnos as súas regras. Pasámolo moi ben!!
Máis tarde conducíronnos ao primeiro andar do colexio onde teñen exposto un museo de xogos e instrumentos musicais africanos. Quedámosnos pasmados da inmensa colección que teñen, única en España.



Xa a última hora da mañá fumos a ver o Museo Etnográfico da Capela. Trátase dunha colección de instrumentos e obxetos tradicionais que foron recopilados polos propios mestres e familias do CEIP de Mosteiro de Caaveiro. Unha guía recibíunos e explicounos cómo vivían antigamente os nosos antergos.

























Pasamos por diferentes estancias: a cociña, onde vimos a fresqueira, a lareira, o forno...; a corte das vacas, onde ensinounos o método de facer pienso co toxo; os antigos oficios, como costureira, tecedora... e as antigas habitacións que non tiñan baño...

Farolillos

Polo Samaín é típico, ademáis das cabazas, a elaboración dos farolillos. Por iso probamos a facer catro deseños diferentes: de buho, gato, cabaza e esquelete. Picamos a cartolina, puxemoslle papel celofán de cores, coma se fose unha vidriera. Logo pegamos o cartón arredor dunha caixa de quesiños e metimos unha candela dentro.



jueves, 13 de diciembre de 2012

lunes, 10 de diciembre de 2012

A pirámide dos alimentos


No último tema de "Coñe" deste trimestre estudiamos os tipos de alimentos que son necesarios consumir para ter unha dieta axeitada, e así ter enerxía e estar sans. Por iso escribimos o seguinte lema nunha pancarta:
5 RACIÓNS DE FROITA E VERDURA AO DÍA

Entre toda a clase fixemos un mural sobre a pirámide dos alimentos, buscando fotos nos catálogos de publicidade e recortando e pegando as fotos. No mural escribimos os tipos de alimentos que forman a pirámide, sabendo que os que están na base son os máis importantes e os que están na cúspide debemos tomalos con moderación:



  1. Auga (hidratación)
  2. Legumes e cereais (enerxía)
  3. Froitas e verduras (vitaminas e minerales)
  4. Carne, pescado, ovos e lácteos (proteínas)
  5. Grasas e azúcares (grasas)

lunes, 19 de noviembre de 2012

Esqueletes articulados

Neste mes rematamos os espeluznantes esqueletes articulados... Recortamos todos os ósos, os ordeamos e os unimos con encuadernadores. 


Semana da Ciencia en Galego

A finais de Outubro ata o 5 de Novembro foi a Semana da Ciencia en Galego e aquí na Escola da Carreira tranformámonos en científicos e científicas facendo algúns experimentos con elementos moi cotiás.

No primeiro experimento necesitamos un globo, auga e unha candela. Vimos como se achegábamos o gobo á vela, éste estoupaba. Pero cando o enchimos de auga o globo estivo a carón da vela e non estoupaba pois a auga absorvía a calor.

  Logo dos experimentos fixemos unha ficha para contar o que fixemos co experimento e o que ocorreu.
 No seguinte experimento enchimos un vaso de vinagre de mazá e introduxemos un ovo dentro. Esperamos dous días e... Sorpresa! O ovo converteuse nunha pelota que mesmo rebotaba na mesa.
 
O terceiro experimento podedelo ver neste enlace a youtube:

lunes, 5 de noviembre de 2012

O SAMAÍN

O mércores pasado celebramos o Samaín na escola. Que mellor maneira de contarvos como foi a festa que con imaxes...

Feliz Samaín

Visita de Sugus

Hai unhas semanas falamos do coidado das mascotas e a mestra María contounos a historia da súa cadeliña "Sugus". Foi abandoada, maltratada e atopárona a piques de morrer. Agora é unha cadela feliz aínda que segue tendo medo e se asusta con facilidade. O venres 26 de Outubro veunos visitar un ratiño á escola e...  ¡¡Quedou encantada!!


domingo, 28 de octubre de 2012

Cornetos

Na clase de coñecemento estivemos estudiando os sentidos: vista, oído, olfacto, gusto e tacto. Fixemos uns experimentos e comprobamos que se escoitaba mellor falando baixiño achegando o corneto ao oído do compañeiro que sen el.



Mural do Outono

Xa chegou o Outono e na Escola da Carreira fixemos entre as dúas clases un mural cheíño de follas que recolleron os nenos e nenas. Tamén pintaron algunhas setas, un esquío e algúnha fada do Outono facendo a súa labor... Mirade que chulo!!


jueves, 11 de octubre de 2012

CUS-CUS

CUS-CUS

As nenas e os nenos da Escola da Carreira B fixemos cus-cus. É unha comida marroquí en forma de bolillas. Son cereais. Os ingredientes que utilizamos foron...
- Auga morna.
- Manises.
- Laranxa.
- Curry.

O sabor é moi distinto ao que estamos acostumados, pero foi unha boa experiencia.
Agardamos entusiasmados o próximo obradoiro de cociña.


viernes, 5 de octubre de 2012

Boneco de plastilina

Xa estamos na Unidade 2 de Coñecemento do Medio que ten como tema O CORPO HUMÁN, aprendimos que o corpo ten tres partes:
  • Cabeza
  • Tronco 
  • Extremidades (superiores e inferiores)
Así que moldeamos en plastilina un boneco diferenciando estas partes con cores diferentes

Cadro Africano

Xa rematamos o cadro Africano que iniciamos no mes de setembro. Este foi o resultado
 Hugo está a facer as sombras do fondo co rotulador negro.
 Minerva colorea o fondo con acuarelas e utilizando cores cálidas.
 Manuel pica a figura da muller africana. Logo coloreou o seu vestido con rotuladores
Jéssica amosa o seu cadro africano rematado. Qué chulo!!!

miércoles, 3 de octubre de 2012

A nosa Escola

Ola a todas e todos!

Comezou un novo curso e, con el, arranca o noso blogue. Caderno de bitácora da nosa escoliña.

Este foi o noso primeiro día de clase.



BENVIDOS E BENVIDAS!