sábado, 15 de diciembre de 2012

Visita ao CEIP Mosteiro de Caaveiro

Ola a todos!
Este mércores 13 de decembro os nenos e nenas da Escola de Carreira (Infantil e Primaria) fumos a visitar o CEIP de Mosteiro de Caaveiro, que nos tiñan preparado algo moi especial.

Primeiro quentamos un pouco o corpo (alí vai moito frrrrriiooo) xogando á Cadea e á Peste. No primeiro xogo o neno que panda agarra ao primeiro que pille e a partir de ahí van unidos ata pillar a un terceiro e a un cuarto. Cando chegan a catro rapaces, divídese o grupo en dous e así sucesivamente ata que estén todos pillados. No xogo da Peste, comeza un neno a "pillar" ao grupo. Cando toca a alguén en calquera parte do corpo, o neno/a que é pillado ten a peste e ten que correr e pillar aos demáis coa man  no lugar onde foi tocado. Aquí vedes algunhas fotos:
Despois nos prepararon un circuito de "Brinquedos", que son os xogos tradicionais: as chapas, o peón, os zancos, a mariola, a pita cega... O alumnado de 1º de E. Primaria foron os encargados de presentarnos os xogos e ensinarnos as súas regras. Pasámolo moi ben!!
Máis tarde conducíronnos ao primeiro andar do colexio onde teñen exposto un museo de xogos e instrumentos musicais africanos. Quedámosnos pasmados da inmensa colección que teñen, única en España.



Xa a última hora da mañá fumos a ver o Museo Etnográfico da Capela. Trátase dunha colección de instrumentos e obxetos tradicionais que foron recopilados polos propios mestres e familias do CEIP de Mosteiro de Caaveiro. Unha guía recibíunos e explicounos cómo vivían antigamente os nosos antergos.

























Pasamos por diferentes estancias: a cociña, onde vimos a fresqueira, a lareira, o forno...; a corte das vacas, onde ensinounos o método de facer pienso co toxo; os antigos oficios, como costureira, tecedora... e as antigas habitacións que non tiñan baño...

Farolillos

Polo Samaín é típico, ademáis das cabazas, a elaboración dos farolillos. Por iso probamos a facer catro deseños diferentes: de buho, gato, cabaza e esquelete. Picamos a cartolina, puxemoslle papel celofán de cores, coma se fose unha vidriera. Logo pegamos o cartón arredor dunha caixa de quesiños e metimos unha candela dentro.



jueves, 13 de diciembre de 2012

lunes, 10 de diciembre de 2012

A pirámide dos alimentos


No último tema de "Coñe" deste trimestre estudiamos os tipos de alimentos que son necesarios consumir para ter unha dieta axeitada, e así ter enerxía e estar sans. Por iso escribimos o seguinte lema nunha pancarta:
5 RACIÓNS DE FROITA E VERDURA AO DÍA

Entre toda a clase fixemos un mural sobre a pirámide dos alimentos, buscando fotos nos catálogos de publicidade e recortando e pegando as fotos. No mural escribimos os tipos de alimentos que forman a pirámide, sabendo que os que están na base son os máis importantes e os que están na cúspide debemos tomalos con moderación:



  1. Auga (hidratación)
  2. Legumes e cereais (enerxía)
  3. Froitas e verduras (vitaminas e minerales)
  4. Carne, pescado, ovos e lácteos (proteínas)
  5. Grasas e azúcares (grasas)