domingo, 24 de noviembre de 2013

Móviles do terror

No mes de novembro, fixemos un móvil do terror con personaxes do Samaín: a pantasma, unha lúa coa súa bruxa, unha cabaza e un morcego.

Os nenos pintaron con ceras estas personaxes, logo as recortaron e pegaron as dúas metades. Co sacabocados fixeron un buraco para meter a lá e facerlle un nudo. Finalmente ataron a lá as varillas do móvil.

Os sentidos: a vista

POLO SAN MARTIÑO, BUXAINAS NO CAMIÑO

O día 11 de novembro foi o día da buxaina e na escola da Carreira aproveitamos para falar deste día e recuperar un pouco a tradición deste xogo tradicional galego.

Ademáis como coincidimos coa semana da ciencia en galego, fixemos peons repartindo os discos nas cores da arco iris para logo experimentar como ían fundíndose nun cor pastel case branco. Fixemos máis experimentos con discos que mesturaban outras cores en diferentes proporcións e mesmo discos con metade branca e outra negra. En todos aparecían efectos visuais cando o peón xiraba moi rápido, o que tamén serviunos como experimento complementario do tema que estamos a tratar en Coñecemento do Medio (os sentidos)

 Os alumnos disfrutaron un montón xogando cos peóns e probaron peóns feitos de diferentes materiais: o clásico de madeira, os peóns feitos a modo de discos de papel, o peón feito coa técnica de papiroflexia...

domingo, 10 de noviembre de 2013

A casa do terror

No terceiro tema de Educación Artística estamos a dar o Samaín e aproveitamos para axudar a decorar a aula cunha casa do terror. Seguimos os pasos indicados no programa de Art Atack sobre cómo debuxar unha mansión terrorífica a partir dun lápiz de grafito, ceras negras para dar efectos de sombra; e ceras brancas para dar efectos de luz. Logo cun pouco de imaxinación, rematamos de decorar o lugar de forma moi sinistra.


O comedor asiático

No segundo tema de Educación Artística estamos a dar os alimentos, ao igual que en Coñecemento do Medio. Por iso eleximos como tema de debuxo un comedor, pero asiático (traballando á vez o tema anual) Ademáis aprendimos a debuxar sombras co lápiz de grafito e a facer un estudo da luz en diferentes ángulos.

Personaxes de Asia

No primeiro tema de Eduación Artística tratamos o corpo, as articulacións e a posición para reforzar á vez os contidos que están a dar os nenos en Coñecemento do Medio. Como este ano estamos a tratar o tema anual de Asia, aproveitamos para aprender a debuxar algúns personaxes deste continente:


sábado, 2 de noviembre de 2013

As fiadas

Outra festa tradicional galega deste tempo son as fiadas. No mes de setembro as mulleres reuníanse para fiar a lá de ovella e comezar a facer os traxes e menaxe que precisaban para despois usalas durante o inverno.

Na clase de galego estamos a facer un traballo cos teares. Eleximos lás moi gordiñas e de cores vivos para ir formando un anaco de tea que poderemos usar para facer unha mantiña, unha almofada ou unha saia para unha boneca.