martes, 14 de enero de 2014

Postais de Nadal

Durante o mes de decembro estivemos confeccionando as postais que enviaremos por correo ordinario ás familias para felicitar o Nadal. Eleximos este ano unha campá para os nenos de Primaria a modo de collage con distintas texturas de papel e cores diferentes. Na clase de Galego aproveitamos para redactar as felicitacións.

Os alumnos escolleron entre dez tipos de felicitación diferentes para logo copialas na súa postal e decorar as letras.

Na excursión que fixemos a Ferrol pasamos por Correos para botalas no buzón.